Alarma!, alarma?

Cristina Cerdeira

Vaia susto levamos todos os españois está mañá cando co café do almorzo e co xornal tivemos que dixerir a desaparición do cadro máis coñecido por todos os cidadáns. Ou non foi tal o susto?

O secuestro de “As Meninas” de Velázquez era hoxe o tema máis comentado no mercado e tamén nos bares. Ás 12:00 deste mediodía, cando os “obreiros” descansan para ir tomar unha tapa antes de xantar, podíanse adivinar entre o murmurio da xente os comentarios sobre a desaparición desta obra. Tamén é certo que onte non se xogara ningún partido de Liga, nin se descubríra outro “lío”  de Ronaldo ou de Ronaldinho.

Isto é síntoma de que nos preocupa a cultura, a arte, e que non poderíamos vivir sen unha das pezas máis importantes do século XVII. Ou si? Quizais non conseguín adivinar moi ben o que a xente dicía, e os cidadáns de a pé, os do bar e os do mercado, quizais non estaban comentando a desaparición do cadro en cuestión. Quizais estaban falando sobre o mal que está a economía e o prezo do gasóleo, sobre canto subiu a froita e as verduras ou sobre o próximo fichaxe do Barcelona e a situación de Laporta.

Para os que non se enteraron, “As Meninas” de Velázquez xa foron rescatadas e pronto volverán estar expostas ó público. Así que, que non cunda o pánico! Todo quedou nun susto.

Un comentario

27 05 2008
Aparecen “As Meninas” de Velázquez « Os Dous Carballos

[...] Alarma!, alarma? [...]

Deja un comentario