Os ríos de Galiza acollen 4.600 puntos negros por verteduras

8 05 2008

Que pasa cos nosos ríos?

Segundo o último informe de Augas de Galicia deste ano, a Administración autonómica identificou 4.590 verteduras contaminantes nas súas correntes de auga doce, dos que 1.515 se localizan na Coruña, 878 en Lugo, 1.031 en Ourense e 1.166 en Pontevedra. De todos eles, un 62% proceden das casas, mentres que nun 29 por cento son verteduras industriais.

Hai moitos anos que para as grandes e pequenas cidades galegas os ríos deixaron de ser fontes de vida e riqueza para converterse nun incómodo obstáculo resultado do caos urbanístico e dunha descontrolada revolución industrial. A vida nos cauces pasou a ser unha simple lembranza ocultada por medianeiras, canalizacións e cubricións cos que a esperanza na recuperación se dilúe máis rápido cós vertidos que os ríos, clinicamente mortos, seguen soportando.

Expoñemos aquí unha breve relación dos ríos máis contaminados, envelenados, ou non aptos para o baño:

Río Arenteiro en Ourense : desastre producido por un erro humano na depuradora que depende da empresa  Aquagest.

Río Lérez: vertidos de sangue

Río Loira en Marín: morte de centenares de troitas

Río Támega en Chaves: 80% das augas residuais de Verín, Oimbra, Monterrei, Castrelo del Val e Laza van dar a Chaves, contaminando os seus ríos.

Río Maceda: Envelenado por produtos de limpeza de piscinas. Resultado: centos de troitas e peixes mortos nun tramo grande do río en Maceda.

 

A provincia de Ourense é a número 1 en desastres de ríos

En Ourense hai moitos ríos, tódolos non aptos para o baño,e están envelenados dalgún xeito:

Támega en Verín e algúns dos seus afluentes.

Tuño en Celanova.

Río Sil no Barco Avía en Ribadavia. Barbaña en Ourense.

Lonia en Ourense.

Río Grañal en Ourense.

Arnoia en Allariz.

Río Caldo en Lobios.

Río Arnoia en Arnuíde

 

O Umia, o Ulla e o Sar, os máis castigados polas verteduras

Tanto a Consellería de Medio Ambiente, como as asociacións ecoloxistas Adega e Greenpeace coinciden en que as concas máis castigadas pola contaminación das verteduras son as dos ríos Umia, Ulla e Sar. Segundo o último estudo deste ano de Greenpeace sobre a calidade do caudal galego, estes tres ríos “atópanse moi afectados por verteduras de ácido altamente tóxico, ademais de plásticos e excrementos que non foron correctamente depurados”. Os datos deste informe foron confirmados polo Plan de acción para o control de verteduras de Galicia, elaborado pola Consellería de Medio Ambiente ao final do trimestre pasado, que podería limpar a cara das concas máis danadas pola polución industrial.

 

“A conca do río Ulla é a máis explotada de Galicia”

Greenpeace manifesta que o río Ulla xa que recolle as augas fecais da poboación e os tóxicos da industria, que a Consellería data en “509 verteduras” desde finais do 2006 segundo o seu informe. A asociación Adega agrega outro dato sobre este río: o Ulla soporta “dez aproveitamentos hidroeléctricos en explotación na súa conca, algúns deles con minicentrais”.

O secretario xeral de Adega, Fins Eixeras, opina que “os problemas deste río é que discorren por zonas moi poboadas”. Os impactos dos polígonos industriais de Padrón e Tambre -no caso do Sar- e de Caldas de Reis no Umia ademais das actividades agrogandeiras completan un calendario de agresións que ata a data seguen provocando denuncias cidadás.


Acciones

Información

Deja un comentario