Privadas de liberdade, non de palabra

15 05 2008

 

Laura Cerdeira

 

Esperanza. Tralas reixas do cárcere tamén hai esperanza porque hai vida, e como se acostuma dicir “mentres hai vida …”. As mulleres do módulo 9 e 10 do cárcere coruñés de Teixeiro albergan ilusión porque o vindeiro outubro, cando se inicien as clases, elas tamén afrontarán un curso cheo de retos. Será entón cando comecen un ciclo de conferencias para adolescentes, co fin de facer libres as súas palabras, de recordarlle á sociedade que tamén forman parte dela e que aínda presas teñen cousas que dicir. Darán a coñecer a súa vida diaria na cadea e deste xeito faranse visibles. Experiencias, sentimentos, desexos… Teñen moitas cousas que contar.

 

A Faculdade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela acolleu hoxe xoves, 15 de maio, á 1:30 as primeiras verbas de Monse, unha reclusa da prisión de Teixeiro, que veu acompañada dun funcionario de prisións, e de Pilar Mingote, presidenta da asociación sociocultural “Nosotras Intramuros”.

 

“En primeira persoa” é o nome que define o novo proxecto de sete mulleres do cárcere de Teixeiro e que se suma ós xa levados adiante dende “Nosotras Intramuros”, asociación que  traballa para a reinserción das presas desta prisión. Pilar Mingote deixou claro que queren ter voz en primeira persoa, de aí a escolla do título.

 

En xuño do pasado ano puxeron en marcha un blog, ó que chamaron chicass10.blogspot.com co obxecto de amosar que teñen moito que aportar e reivindican a súa participación no diálogo social. Queren eliminar os estereotipos que existen sobre os presos en xeral e das mulleres en particular. De momento, Pilar Mingote é a encargada de transcribir os textos que as presas elaboran, xa que non teñen Internet na cadea.

 

As presas de Teixeiro reivindican cos seus proxectos o seu dereito á reeducación, ó principio resocializador, piden unha oportunidade para corrixir a súa conduta. Como afirma Ana, unha das reclusas, a través do blog de Chicass10, nunca miran cara atrás, sempre cara adiante. Manteñen a esperanza, loitan por ser outras persoas e porque se lles escoite. Pilar Mingote asegura que “só cando perdes a ilusión perdes totalmente a liberdade. Eu creo na educación. Hai que educar, dar unha formación no cárcere e dar emprego unha vez que as reclusas están fóra da cadea”.

 

No plano teórico-xurídico, a finalidade das penas privativas de liberdade é a de reeducar e reinsertar na sociedade ás persoas que cometeron un delito. Así o ordea a Constitución no seu artigo 25.2, cando di que “as penas privativas de liberdade e as medidas de seguridade estarán orientadas cara a reeducación e a reinserción social… O condenado a pena de prisión… gozará dos dereitos fundamentais deste capítulo”, é dicir, de tódolos dereitos fundamentais dos cidadáns, a excepción daqueles que limite a propia sentencia. A mesma idea está plasmada na Lei Orgánica Xeal Penitenciaria, así como no Regulamento que a desenrola. 

 

A cadea de Teixeiro é pioneira en proxectos de reinserción. A esta iniciativa seguíronlle ás doutros cárceres galegos. Non obstante, Monse e Pilar denuncian a non aplicación da normativa de reinserción na prisión de Teixeiro. “Onde está o Estado de Dereito e a democracia española?, onde está a Lei de Igualdade?”, pregúntase Pilar. (ver vídeo resumo). 

 

O artigo 3 do citado Regulamento Penitenciario di que “o principio inspirador do cumprimento das penas e medidas de seguridade privativas de liberdade será a consideración de que o interno está suxeito de dereito e non se encontra excluído da sociedade, senón que continua formando parte da mesma. En consecuencia, a vida na cadea debe tomar como referencia a vida en liberdade, reducindo ó máximo os efectos nocivos do internamento, favorecendo os vínculos sociais, a colaboración e participación das entidades públicas e privadas e o acceso ás prestacións públicas”.

 

As reclusas do cárcere de Teixeiro están traballando para que se cumpran estes dereitos, os seus dereitos. No seu blog recollen o Capítulo IX da Lei Orgánica de Educación, polo cal nos establecementos penintenciarios se lles deberá garantir ós reclusos o acceso á ensinanza para as persoas adultas. Tódalas decisións que adoptan seguen esta liña, este obxectivo.

 

Monse, ante os alumnos de 1º e 3º curso de Xornalismo, asegurou que “a reinserción é necesaria pero tamén é certo que hai moita xente que ó saír do cárcere volve delinquir, sobre todo cando se trata do mundo das drogas, onde é moi fácil recaer”, mundo que levou a Monse á cadea.

 

Co proxecto “En primeira persoa” Monse renova a súa esperanza e soña con saír do cárcere para estar coa súa familia. “Quero recuperar os trece anos de liberdade que perdín entre reixas, ter unha vida como calquera persoa. Boto de menos ós meus fillos. Levo sete anos sen velos”, sentencia.

 

Ler máis …

 

CRÓNICA: “Canto aguantaremos?”

OPINIÓN: Realidades en primeira persoa

ANEXO: “Panorama actual da rebeldía xuvenil”

GALERÍA





Jesús R. Aboal, biólogo e profesor do Departamento de Bioloxía Celular e Ecoloxía da USC, reflexiona sobre a contaminación dos ríos

8 05 2008
La contaminación que reciben los ríos en Galicia es principalmente de tipo orgánica, que proviene principalmente de la inadecuada o nula depuración de aguas y del uso indiscriminado de purines como abonos vegetales. Este tipo de contaminación conlleva una disminución de la concentración de oxígeno para las especies que viven en el agua así como un exceso de elementos como nitrógeno o fósforo que posibilitan crecimientos excesivos de determinados tipos de especies (eutrofización). Tanto de una forma como la otra lo que finalmente obtenemos es la pérdida de diversas especies de la comunidad, bien porque se alteren las condiciones ambientales (p.e. menor concentración de oxígeno disuelto), bien por competencia de las especies favorecidas por la eutrofización.
 
A esta contaminación orgánica se suma la de microcontaminantes inorgánicos y orgánicos. Los primeros proceden principalmente de las empresas y las ciudades, mientras que los segundos proceden principalmente de empresas y de productos fitosanitarios (plaguicidas y herbicidas), que se suelen emplear de forma no adecuada e indiscriminada. Ambos tipos de sustancias presentan elevadas toxicidades, tanto a corto como a largo plazo, incluyendo efectos mutagénicos y carcinogénicos. Los efectos se producen tanto para las especies que viven en el río, como para cualquier consumidor de agua o productos obtenidos con la misma.
 
En el caso del río Sar, además de una fuerte contaminación orgánica, nos enfrentamos a una contaminación producida por áreas urbanas que provoca aumento de diversos metales pesados en las aguas. Es reseñable la existencia de una elevadísima contaminación de cobre en el afluente Santa Lucía, debida a los lixiviados de la antigua mina. Mientras que otros afluentes como el Rois mantienen un nivel de contaminación mucho menor.
Jesús R. Aboal




Entrevista a Ánxela Pereira: “A concienciación social é fundamental nos temas de medio ambiente”

8 05 2008

 

  

Ánxela Pereira é licenciada en Xornalismo

pola Universidade de Santiago de Compostela

e na actualidade está elaborando unha tese

sobre a evolución do discurso ambiental

na prensa galega, tomando como punto

de partida os anos 60.

 

Laura Cerdeira

 

- A contaminación do río Sar derívase da falta de concienciación medio ambiental?

- Dende logo que si. Aínda que a xente, ó preguntarlle, afirma que si se preocupa polo medio ambiente a realidade dista moito do desexable. A concienciación medio ambiental na sociedade galega, en particular, aínda que se podería xeralizar perfectamente, é relativa. De palabra si que hai, todo o mundo se preocupa pero logo quédase en nada. As palabras lévaas o vento e é unha pena porque a concienciación social é imprescindible neste tipo de temas.

 

- En toda cadea de concienciación os medios de comunicación son fundamentais para chegar á xente.

- Por suposto. Desempeñan un labor moi importante nese senso pero o problema é que na maioría dos casos en materia ambiental o labor que realizan é insuficiente, mesmo antixornalístico.

 

- Ese antixornalismo do que fala débese en parte á mala selección das fontes empregadas nas noticias de temática ambiental?

- Efectivamente. Unha das principais carencias das noticias medio ambientais é a referencia como fonte única á Administración. Un exemplo sinxelo: de 100 noticias de temática medio ambiental que poden aparecer nun xornal só o 13% delas contan con expertos como fontes.

 

- Neste senso, son necesarios os xornalistas especializados en medio ambiente.

- Si. Aí está a clave. De igual maneira que hai xornalistas especializados en política ou en economía debería haber xornalistas especializados en medio ambiente. É unha necesidade que se fai notar nas carencias deste tipo de noticias, realizadas na maioría dos casos por xornalistas xeralistas, que saben de todo un pouco. O desexable é facer un xornalismo de prevención, de anticipación.

 

- Existe unha ampla lexislación sobre augas continentais e sobre a conservación dos ríos. Non obstante, os ríos seguen estando contaminados. Onde está o erro?

- Na forma de executar a lexislación por parte da Administración. Lexíslase pero logo non se fai cumprir esta lexislación. Entón non serve de nada. A lexislación é ampla pero ineficiente.

 

- A tríada conformada por científicos, administracións responsables do medio ambiente e polos xornalistas especializados en medio ambiente é a que pode conseguir que se chegue a un óptimo nivel de concienciación ambiental?

- Sí, sería algo moi positivo se verdadeiramente se conxugaran estes tres elementeos, se actuaran conxuntamente. Por desgraza non ocorre así, posto que aínda segue existindo moita desconfianza entre os tres. Uns non se fían dos outros. Quen o termina pagando é a sociedade, á que lle chegan infomacións incompletas ou erróneas.

 

- Hoxe en día a temática ambiental deriva cara o discurso político?

- Esa é unha das grandes lacras que fan que a información ambiental non se desenvolva como debera nos medios de comunicación. O feito de que se derive cara o discurso político implica unha desvirtuación da información medio ambiental. O que logo inflúe no pensamento da xente, na súa falta de concienciación. Ó fin todo é unha cadea. Se falla un eslavón os outros tamén rematan fallando.

 

- A pesares de tódalas trabas, existe a convicción, cando menos a esperanza, de que chegará un día no que a xente estará realmente concienciada cos temas medio ambientais?

 

- Máis ben esperanza. Pola miña parte esperanza. Pero tamén hai que ser realistas. É un traballo moi complexo e de moitos anos. Diría que é un traballo de décadas. É imposible que da noite para a mañá cambie o pensamento da xente. Iso é algo comprensibel, normal. Pero débese comezar a traballar dende agora porque senón esa década vaise converter en séculos.

  

 

 





Os ríos de Galiza acollen 4.600 puntos negros por verteduras

8 05 2008

Que pasa cos nosos ríos?

Segundo o último informe de Augas de Galicia deste ano, a Administración autonómica identificou 4.590 verteduras contaminantes nas súas correntes de auga doce, dos que 1.515 se localizan na Coruña, 878 en Lugo, 1.031 en Ourense e 1.166 en Pontevedra. De todos eles, un 62% proceden das casas, mentres que nun 29 por cento son verteduras industriais.

Hai moitos anos que para as grandes e pequenas cidades galegas os ríos deixaron de ser fontes de vida e riqueza para converterse nun incómodo obstáculo resultado do caos urbanístico e dunha descontrolada revolución industrial. A vida nos cauces pasou a ser unha simple lembranza ocultada por medianeiras, canalizacións e cubricións cos que a esperanza na recuperación se dilúe máis rápido cós vertidos que os ríos, clinicamente mortos, seguen soportando.

Expoñemos aquí unha breve relación dos ríos máis contaminados, envelenados, ou non aptos para o baño:

Río Arenteiro en Ourense : desastre producido por un erro humano na depuradora que depende da empresa  Aquagest.

Río Lérez: vertidos de sangue

Río Loira en Marín: morte de centenares de troitas

Río Támega en Chaves: 80% das augas residuais de Verín, Oimbra, Monterrei, Castrelo del Val e Laza van dar a Chaves, contaminando os seus ríos.

Río Maceda: Envelenado por produtos de limpeza de piscinas. Resultado: centos de troitas e peixes mortos nun tramo grande do río en Maceda.

 

A provincia de Ourense é a número 1 en desastres de ríos

En Ourense hai moitos ríos, tódolos non aptos para o baño,e están envelenados dalgún xeito:

Támega en Verín e algúns dos seus afluentes.

Tuño en Celanova.

Río Sil no Barco Avía en Ribadavia. Barbaña en Ourense.

Lonia en Ourense.

Río Grañal en Ourense.

Arnoia en Allariz.

Río Caldo en Lobios.

Río Arnoia en Arnuíde

 

O Umia, o Ulla e o Sar, os máis castigados polas verteduras

Tanto a Consellería de Medio Ambiente, como as asociacións ecoloxistas Adega e Greenpeace coinciden en que as concas máis castigadas pola contaminación das verteduras son as dos ríos Umia, Ulla e Sar. Segundo o último estudo deste ano de Greenpeace sobre a calidade do caudal galego, estes tres ríos “atópanse moi afectados por verteduras de ácido altamente tóxico, ademais de plásticos e excrementos que non foron correctamente depurados”. Os datos deste informe foron confirmados polo Plan de acción para o control de verteduras de Galicia, elaborado pola Consellería de Medio Ambiente ao final do trimestre pasado, que podería limpar a cara das concas máis danadas pola polución industrial.

 

“A conca do río Ulla é a máis explotada de Galicia”

Greenpeace manifesta que o río Ulla xa que recolle as augas fecais da poboación e os tóxicos da industria, que a Consellería data en “509 verteduras” desde finais do 2006 segundo o seu informe. A asociación Adega agrega outro dato sobre este río: o Ulla soporta “dez aproveitamentos hidroeléctricos en explotación na súa conca, algúns deles con minicentrais”.

O secretario xeral de Adega, Fins Eixeras, opina que “os problemas deste río é que discorren por zonas moi poboadas”. Os impactos dos polígonos industriais de Padrón e Tambre -no caso do Sar- e de Caldas de Reis no Umia ademais das actividades agrogandeiras completan un calendario de agresións que ata a data seguen provocando denuncias cidadás.





Cando as augas se tornan

8 05 2008

 

Que a meirande parte dos ríos galegos están contaminados non é nada novo, o que si resulta desolador é o descoñecemento da propia comunidade para coas súas augas fluviais. A principal razón de contaminación dos ríos é o vertido de augas residuais de diferente procedencia: urbana, industrial…. Outras fontes poden ser o vertido de residuos sólidos ou a deposición desde atmosferas contaminadas. Logo, observamos que é o mesmo ser humano  quen contamina para despois ignorar unha mesma realidade da que é responsable e partícipe.

Serán o sen sentido ou  a despreocupación parella á crise de valores desta nosa sociedade, os detonantes primordiais da actuación contaminante do home. Consumimos e consumimos, e seremos á fin consumidos pola ansia destrutora que nos move, incluso na contra da natureza mesma que nos deu a vida. Ríos, rías, lagoas, estanques, fontes, e o mesmo mar como berce dunha sorprendente explosión de vida; dan hoxe cabida a todo tipo de residuos e sustancias contaminantes.

Parece que facemos oídos xordos ás reaccións coas que estes contestan ós nosos abusos. A resposta dun río ante un vertido residual tradúcese nunha modificación das características das augas e nunha ruptura do ecosistema natural, desaparecendo as especies propias dos ríos limpos e aparecendo outras novas. O impacto pode conducir á substitución das especies piscícolas sensibles por outras máis resistentes, ou a desaparición total dos peixes e a conversión do cauce nunha masa de augas putrefactas ou tóxicas. Mesmo nestes casos a sabedoría da Terra bate de fronte co noso grao superlativo de estupidez e imperfección, xa que o rio ten certa capacidade de autodepuración, permitindo que despois dunha distancia máis ou menos grande do punto de vertido observemos unha recuperación total ou parcial.

E é que cando as augas se tornan semellan amosa-lo noso anteface do revés, deixando ó descuberto a luz da culpabilidade.  

           Noelia García Gómez